FICCIÓN
Lendas do século XXI

Na antigüidade, cando non se coñecían nin as Traslacións nin as Transposicións nin as Imaxes Penetrantes nin conceptos como a Contragravidade, no vello planeta Terra, inda o tempo se comprendía e medía dun xeito lineal, en fraccións de maior ou menor tamaño. Considerábase, por exemplo, como "un ano" o tempo que tardaba o planeta en xirar arredor do Sol e nesa mesma órbita xiraba a vida da xente. A volta do planeta sobre o seu eixo chamábase día e un día sucedía a outro sempre no mesmo sentido, non existían os Desprazamentos Temporais e si conceptos tan antigos como O Día e A Noite.
Isto provocaba nas persoas o chamado "envellecemento"; as Entidades eran descoñecidas e os conceptos de Vida e Morte rexían o planeta. Antes dos Intercambios Interespaciais, inda nos séculos XXI e XXII a vida asemellábase máis ao Mundo Antigo que ao actual. Non foi ata finais do século XXIII daquela era, daquel xeito de entender o Universo, cando se acadou o acceso aos Niveis Superiores.
Esta é unha recompilación de mensaxes errantes, mensaxes recuperadas, mensaxes reparadas, mensaxes desinfectadas, mensaxes esquecidas nos vellos equipos, mensaxes en tránsito...
Lendas do século XXI.

 
50 x 70 cm  
Póster
Ampliar imaxe
 
50 x 70 cm  
Póster
Ampliar imaxe
 
50 x 70 cm  
Impresión dixital
Ampliar imaxe
 
Os traballos do Trasno
30 x 40 cm  
Impresión dixital
Ampliar imaxe
 
30 x 40 cm  
Impresión dixital
Ampliar imaxe
 
30 x 40 cm  
Impresión dixital
Ampliar imaxe
 
Ilustración para a revista de humor "Caña"
Ampliar imaxe
 
Ilustración para a revista de humor "Caña"
Ampliar imaxe