Presentación Equipo Galería
Pasadizo a
fotos no túnel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Pedro A Cabarcos Quintela
Debuxante, pintor e profesor de debuxo no IES Monte Castelo de Burela (Lugo). Como artista independente ten realizado varias exposicións simultaneando técnicas tradicionais como acuarela, grabado. óleo e acrílico con técnicas dixitais. A súa experimentación coas novas tecnoloxías inclúe traballos de vídeo-creación e animación por computador.
Entre as súas diversas actividades artísticas e culturais destacan as seguintes:
 
1993   Exposición colectiva Grupo "O Golpe", Burela (Lugo)
1994   Exposición colectiva Grupo "O Golpe", Lugo
1998   Montaxe da exposición "Petroglifos na Galiza", en colaboración co instituto de estudos Miñoranos (Xosé Lois Vilar), Burela (Lugo)
1999   Dirección da montaxe musical "As Catedrais do Mar", coa actuación do grupo de cámara da orquestra de Xove na praia das Catedrais, Ribadeo (Lugo)
2000   Participacion na montaxe multimedia "Terra e Lume" dentro do proxecto europeo "Commenius" en colaboración cos centros Ferruci de Larciano (Italia) e College Via Domitia de Poussan (Francia)
2001   Realización dun vídeo sobre tres artistas de A Mariña, proxecto europeo "Commenius" en colaboración co centro Gymnazium A Sportofni de Praha
    Dirección, realización e montaxe multimedia "Homenaxe a Hernán Naval"
2003   Montaxe interdisciplinar "Unha visión de San Martiño de Mondoñedo", Foz (Lugo)
    Montaxe da exposición "Unha mirada desde A Mariña", sobre a catástrofe do Prestige, en colaboración con Nunca Máis en Burela (Lugo)
 
Volver pedro@factoriagrafica.com